COMUNICACIÓNS
NORMATIVA PARA A PRESENTACIÓN DE TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN
Recoméndase os/as autores ler atentamente a normativa e seguir as instrucións que se detallan, antes de redactar o resumo e/ou traballo completo.
O resumo e/ou traballo completo que non cumpra os criterios requiridos non será admitido.
NORMAS XERAIS
- Poderán presentarse traballos orixinais aínda que se teñan publicado en revistas, congresos ou noutras xornadas, coa excepción daqueles que desexen optar a premio; neste caso só se admitirán os orixinais que non se teñan publicados con anterioridade.
- As comunicacións (resumo e/ou texto completo) só poderán enviarse utilizando os FORMULARIOS incluídos na páxina web do VII Congreso AGEFEC. Unha vez enviadas, consideraranse definitivas e, polo tanto, non se permitirán modificacións a posteriori.
- O primeiro autor ou autora fírmante da comunicación, deberá estar inscrito/a no Congreso AGEFEC e será obrigatoriamente quen a presente, salvo causa de forza maior que deberá ser previamente xustificada e aceptada polo Comité Científico.
- Os traballos presentados deberán estar enmarcados dentro do contexto e papel da Enfermaría de Atención Primaria e Comunitaria.
- As Comunicacións serán avaliadas polo Comité Científico e a súa decisión, non poderá ser obxecto de apelación ou reclamación.
- Aínda que o autor, autora ou autores deberán indicar si optan por Comunicación oral ou Póster, AGEFEC resérvase o dereito a reclasificala, en función da avaliación realizada polo Comité Científico ou por motivos organizativos. A resolución será notificada ao e-mail da persoa que remita a Comunicación.
- No caso de notificación de aceptación por parte do Comité científico, esta non será definitiva ata que o pago da cota de inscrición sexa xustificado e que deberá terse realizado nos 10 días posteriores á mesma.
- Todas as Comunicacións poderán optar a Premio, si así o indica o autor, autora ou autores no campo correspondente ao remitir o resumo, debendo asegurarse de que cumpre os requisitos establecidos (ver norma 1).
- Os/as autores/as, ao presentar os seus traballos, comunicacións orais ou póster, entenden que iso implica a aceptación das normas establecidas polo Comité Organizador e/ou polo Comité Científico.
- Os traballos, comunicacións orais ou póster, presentados por algún membro dos comités científico ou organizador, non poderán optar a ningún dos premios do Congreso.
- As Comunicacións aceptadas polo Comité Científico pasarán a formar parte das Actas do Congreso. Todos os/as autores/as con Comunicacións aceptadas AUTORIZAN de forma implícita, a súa publicación nos medios que AGEFEC considere mais axeitados para a divulgación das mesmas. Os/as autores/as conservan os dereitos de copyright pero autorizan a súa publicación gratuíta.
- Ningún resumo nin traballo completo engadirá o nome do autor, da autora ou autores do traballo. Todos os traballos serán anonimizados por parte dos seus autores. Se os resumos ou traballos completos engaden datos dos seus autores, serán eliminados do proceso de revisión.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS
Na primeira etapa, que será antes do Congreso, avaliaranse os resumos presentados, que terán un período axustado para o seu envío. Unha vez avaliados os resumes por parte do Comité Científico, a Secretaría Técnica poñerase en contacto co autor ou autora principal dos traballos que foron aceptados para a súa presentación durante o Congreso.
Serán determinantes para a admisión ou non do traballo os seguintes criterios de avaliación:
- Estrutura: Está ben estruturado seguindo as normas do Congreso.
- Prioridade: O tema está dentro do marco da temática do Congreso.
- Enfoque: Coherencia entre título, metodoloxía e conclusións. Boa orientación e ben dirixido cara os resultados.
- Orixinalidade e aplicabilidade: O traballo é orixinal e aporta coñecementos novos e aplicables.
- Relevancia: O traballo, ademais, debe estar dentro do marco da Enfermaría de Atención Primaria e Comunitaria, e ter características relevantes para o paciente e para a sociedade que o diferencien.
- Introdución: Descríbense de xeito claro os antecedentes da temática. Razóase a intencionalidade do traballo. Explícase a aplicabilidade tanto hipotética como real.
- Obxectivo: Está claramente definido. Describe as condicións baixo as cales se debería cumprir.
- Material e método: Son axeitados para acadar o obxectivo que se propón.
- Resultados e conclusións: Nivel de concordancia entre os resultados e os obxectivos. As conclusións son coherentes cos resultados.
- Bibliografía: Axústase ao recomendado na normativa xeral do Congreso.
- Redacción: Clara e concisa.
- Avaliación da presentación durante o Congreso: Avaliarase a defensa oral.
PREMIOS
Outorgaranse os seguintes premios:.
COMUNICACIÓNS ORAIS :
- 1º PREMIO: 150 €
- 2º PREMIO: 100 €
- Accésit con diploma acreditativo
COMUNICACIÓN PÓSTER:
- PREMIO: 100 €
- Accésit con diploma acreditativo
1º PREMIO EIR :
- PREMIO 2020: 150 €
- PREMIO 2021: 150 €
- PREMIO 2022: 150 €
- Accésit con diploma acreditativo
PRESENTACIÓN DE RESUMOS
DATAS DE ENVÍO
Deberán ser enviados mediante o sistema on-line de presentación de Comunicacións (resumos) dispoñible na web do Congreso.
- A data límite para presentar os resumos será o sábado 15 de Outubro de 2022.
- A data límite para comunicar a aceptación ou rexeitamento, por parte do Comité Científico, será o luns, 31 de Outubro de 2022.
Unha vez aprobado o resumo para a súa presentación na xornada, os autores deberán enviar o texto completo do traballo para a súa avaliación.
- A data límite para remitir os traballos completos será o sábado, 12 de Novembro de 2022.
FORMATO
Os Resumos deberán respectar o seguinte formato de presentación:
- Non poderán superar os 3.000 caracteres incluídos os espazos (excluíndo título, autores e bibliografía).
- O título deberá ir en maiúsculas, sen abreviaturas, en negriña e como máximo ocupará dúas liñas non podendo superar as 15 palabras. O tipo de letra recomendado é o formato Arial 12 con interliñado 1,5.
- Admítense ata un máximo de 6 autores, identificados/as con dous apelidos seguidos do nome (exemplo: Pérez Martínez, José; Fernández González, María). Mediante superíndices, indicarase a categoría profesional e lugar de traballo. A persoa que presente a Comunicación identificarase como autor/a principal e deberá incluír un teléfono e enderezo electrónico de contacto.
ESTRUTURA
- Introdución.
- Obxectivos.
- Métodos.
- Resultados.
- Discusión/conclusións.
- Bibliografía (estilo Vancouver).
CASO CLÍNICO
- Introdución.
- Exposición do caso.
- Discusión/conclusións.
- Bibliografía (estilo Vancouver).
PROXECTO
- Antecedentes e estado actual do tema.
- Aplicabilidade.
- Obxectivos.
- Metodoloxía.
- Plan de traballo.
- Aspectos éticos.
- Plan de difusión dos resultados.
- Financiamento da investigación.
PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS
Os textos completos deberán ser enviados mediante o sistema on-line de presentación de comunicacións na web do Congreso, antes do 12 de Novembro de 2022.
Aínda que se aceptara o resumo, se o texto completo non respecta o regulamento de confección será rexeitado.
A Secretaría Técnica indicará ao/á primeiro/a autor/a, mediante e-mail, lugar, data e hora da presentación.
FORMATO COMUNICACIÓN ORAL
- O idioma para os traballos poderá ser Galego ou Castelán e deberán remitirse en formato tipo Word ou OpenOffice.
- A estrutura será a mesma que figura para os resumos.
- Os traballos completos, deberán axustarse ao formato de artigo científico (máximo 4.500 palabras).
- O tipo de letra recomendado é o formato Arial 12 con interliñado 1,5.
- Ao incluír as referencias bibliográficas debe usarse o formato normalizado estilo Vancouver.
- O sistema de apoio para a visualización das Comunicacións será o formato de Power-Point, Open-Office ou pdf.
- A primeira diapositiva deberá incluír a imaxe do Congreso (descargar aquí), así como o título e autoría da Comunicación.
- O/a autor/a deberá ter entregada a súa presentación audiovisual antes do comezo do Congreso.
- O tempo máximo para defender a Comunicación será de 8 minutos e deixarase un tempo ao remate de cada quenda para posibles preguntas ou debate. AGEFEC poderá, por motivos de organización e previa comunicación aos interesados, facer cambios ou modificacións no relativo aos tempos de exposición.
FORMATO COMUNICACIÓN PÓSTER
Para a presentación de Comunicacións Póster rexerán as mesmas normas xerais que para as Comunicacións Orais.
- Só se permitirán Pósteres en formato papel.
- O póster pode ter unhas medidas máximas de 120 cm. de alto e 70 cm. de ancho.
- A estrutura será a mesma que se recomenda para os resumos.
- O/a autor/a deberá entregar e pegar o seu póster nos paneis habilitados antes do inicio da celebración do Congreso.
- O/a autor/a principal ou autores, dos pósters que opten a premio, deberán estar presentes durante a Sesión de Póster (especificada no programa do Congreso) para a resolución de dúbidas que tanto os asistentes como o comité científico queiran expor.
SISTEMA DE PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS
Cubra o seguinte formulario. Os campos marcados con (*) son obrigatorios. Ante calquera incidencia, consulte coa Secretaría Técnica.
Información básica sobre protección de datos persoais | |
---|---|
Responsable | Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria |
Finalidades | Xestión e tramitación da inscrición ao Congreso de AGEFEC, incluída a xestión administrativa, contable e fiscal da mesma. Comunicación e información sobre as actividades realizadas pola asociación. |
Lexitimación | Lexitimación Consentimento do interesado, interese do solicitante e propio así como a relación establecida mediante a súa inscrición. |
Colectivo | Persoas físicas que soliciten participar na actividade organizada por AGEFEC. |
Categorías de Datos | Nome e apelidos, número identificación fiscal, dirección, número de teléfono, correo electrónico, datos vixencia como socio/a da asociación ou situación de estar a cursar estudos, datos profesionais e datos de detalles de emprego, datos fiscais, no caso de solicitar manutención datos de alerxias e intolerancias alimentarias. |
Cesións | Non se cederán os datos a terceiros, salvo o seu consentimento expreso ou as excepcións previstas pola normativa vixente. / Non están previstas transferencias internacionais de datos. |
Dereitos | Acceso, rectificación, supresión e dereito ao esquecemento, limitación do tratamento, portabilidade, oposición, reclamación ante a AEPD e non ser obxecto de elaboración de perfís. Dereito a revogar o consentimento prestado. |
+ info | Na nosa Política de privacidade |