VII Congreso da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Estimadas e estimados compañeiros.

Dende o Comité Organizador comprácenos convidarvos o VII Congreso da AGEFEC que se celebrará os vindeiros 18 e 19 de novembro.

Nesta ocasión acolleranos a cidade de Pontevedra á que se refiren como “Boa Vila”, denominada así dende o século XIV, polo seu magnífico emprazamento, o seu esplendor económico e pola hospitalidade da súa xente.

Baixo o lema “Reactivando a Atención Primaria” esperamos que este evento convértase nunha cita ineludible para todos os profesionais do ámbito da enfermaría Familiar e Comunitaria.

Despois destes intensos anos de traballo e sacrificio, inmersos na presión laboral e a incerteza persoal que supuxo a situación epidemiolóxica, o obxectivo desta edición é poñer en valor a importancia do papel da enfermaría na saúde da poboación. Ao mesmo tempo, hai que analizar os desafíos aos que nos enfrontamos neste intre de revolución no ámbito sanitario para reflexionar, debater e achegar claves de avance co fin de mellorar os coidados dende a Atención Primaria.

Dende o Comité Organizador quixemos ofrecer un programa que nos levase fóra das nosas consultas cara outros escenarios que son parte da esencia do noso traballo: o domicilio e a comunidade, a cronicidade dente a fraxilidade ata o final da vida, as novas tecnoloxías e a innovación, e, por suposto, todos os aspectos da vida onde o papel da enfermaría faise imprescindible.

 

Sara Blanco Sanmartín

Presidenta do Comité Organizador

Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da sua navegación nesta web, en cumplimiento do Real Decreto-lei 13/2012. Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK | Más información